Últimas reseñas

martes, 31 de octubre de 2017

O caso Quintana - Miguel alonso (Reseña en galego)

Título: O caso Quintana
Autor: Miguel Alonso
Nº pág: 224
Editorial: Belagua







Sara Porto devece por desempacar a súa maleta e comezar a sua vida universitaria. Independencia, novos amigos, festasà Que pode saír mal? Porén, axiña descubrirá que a universidade alberga tamén segredos e misterios, algúns deles soterrados no pasado.

Nos corredores da facultades de Psicoloxía, Sara atoparase con personaxes que farán máis peculiar e único o seu primeiro ano, pero ninguén tan excepcional coma Laura Mariño, a súa compañeira de cuarto. Irreverente, intelixente e estraña. Unha rapaza pouco convencional, cun xeito propio e diferente de moverse polo mundo.
Xunto a ela vivirá a aventura más grande e perigosa da súa vida: a investigación de dous asasinatos cometidos na propia facultade.




Rara vez leo en galego a verdade, e menos aínda algo que non sexa romántico PERO en canto lin a sinopse non dubidei en querer ler esta novela.

GRAZAS O AUTOR E A EDITORIAL POLO ENVÍO DO EXEMPLAR

  • Laura e Sara atópanse na universidade de psicoloxía da universidade de Santiago, comeza o curso de forma normal ata que tras finalizar as clases atópanse ante os seus ollos cos dous asasinatos o que leva a estar rapazas investigar pola súa conta.
  • Víchedes a portada? Tras ler o libro penso "Que bonita é, chea de significado"
  • A Historia está narrada en primeira persoa pola propia Sara, en algunhas páxinas entre capítulo e capítulo hai unha narración da propia Sara a modo anotación sobre o que está sentindo mentres conta todo o sucedido.
  • Está ambientada na propia universidade e na residencia onde as protagonistas se hospedan. Toda a novela transcorre dende o comezo do curso ata que se resolve o caso.
  • En canto a TRAMA: estamos ante unha investigación extra oficial por parte destas rapazas. Viviremos momentos máis tolos e momentos máis relaxados e momentos de angustia xa que elas non pararán ata dar con quen fixo semellante masacre.
  • Hai diversidade de PERSOAXES pero sen dúbida algunha as máis destacadas son:
    • Sara: unha rapaza máis reservada que se centra nos estudos, tras atoparse con Laura que xa se coñecían de antes a súa vida cambiará. Con esta rapaza empaticei moitísimo, mesmamente podería ser eu pola súa forma de ser.
    • Laura: esta rapaza é unha todoterreo, non ten vergoña ningunha e enfrontase o que sexa. Non lle tembla a man a hora de pórse a investigar sobre este caso. É ben acertado dicir que fai máis ela que os propios policías. Gustoume moito este desparpallo que mostra.
  • O autor conseguiu manterme enganchada a esta historia. Por veces estaba facendo a miña vida rutinaria e eu pensando: ¿Quén pode ser o asasino? mantivo a intriga ata ó final desconfiando de todos e cando digo todos é de todos xa que por un momento sospeitaba ata do máis inocente. Aínda que non estou afeita a ler en galego o autor usa unha linguaxe moi fácil e sinxela de entender. Foi unha gran experiencia ter lido esta estupenda novela. Realmente goceina. Teño que confesar que a ambientación universitaria gañoume por completo.